Saturday 27 de April de 2024

Román Rodríguez, nomeado embaixador do melindre de Melide


 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recibe “con orgullo” o título de “embaixador do melindre”, nun acto que tivo lugar con motivo da vixésimo sétima edición da ‘Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide”.

Román Rodríguez subliñou a importancia desta celebración en torno á repostería tradicional na medida en que é unha das manifestacións culturais máis senlleiras desta zona e representa un sinal de identidade que forma parte do noso patrimonio cultural.

No acto que estivo presidido pola alcaldesa de Melide, Dalia García Couso; e que contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; tamén foron investidos con este título o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, Moncho Fernández, Quique Rodríguez, Pati Blanco, Rogelio Groba, Ramiro Esparís, a Asociación Deportiva Cerne, Elena Fabeiro, Monti Castiñeiras, Marité (The Foodie Searcher), Sol Vázquez e os irmáns Sergio e Javier Torres (que exerceron de pregoeiros).